HomeSucesosO home, acusado de intento de agresión sexual nun establecemento hostaleiro da...

O home, acusado de intento de agresión sexual nun establecemento hostaleiro da Pobra do Brollón, recoñece os feitos

Os feitos remóntanse á noite do 29 de setembro de 2023 cando, segundo o escrito de acusación, o procesado seguiu a vítima ata o baño dun bar da localidade e tratou de retela no interior do aseo de mulleres, empurrándoa e abrazándoa contra a súa vontade. A muller conseguiu ceibarse colocando o brazo entre a porta e o marco, sufrindo lesións de carácter leve.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un home, acusado de intentar agredir sexualmente unha muller nun establecemento hostaleiro da Pobra do Brollón, recoñeceu os feitos e chegou a un acordo de conformidade coa Fiscalía, aceptando unha condena de oito meses de prisión, que impuxo este 22 de xullo o Xulgado de Instrución número 2 de Lugo.

Tras o acordo acadado entre as partes, o acusado, súbdito marroquí que estaba en situación irregular en España, admitiu os feitos e aceptou unha pena de oito meses de prisión por un delito de agresión sexual en grao de tentativa, aínda que nun primeiro momento se lle pedían 11 meses. Así mesmo, asumiu unha condena de catro anos de inhabilitación especial para actividades ou profesións que impliquen contacto habitual con menores de idade.

A sentenza incluirá tamén unha orde de afastamento durante catro anos, que lle impedirá achegarse á vítima a menos de 150 metros, así como comunicarse con ela por calquera medio.

No ámbito da responsabilidade civil, o condenado aboará unha indemnización de 800 euros polos danos morais causados e outros 350 euros polas lesións sufridas pola prexudicada. Ademais, deberá facer fronte ao custo da asistencia sanitaria prestada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), unha cantidade que será determinada pola administración sanitaria. O acordo contempla igualmente a suspensión da execución da pena de prisión, condicionada ao cumprimento das obrigas impostas, así como o pagamento fraccionado das indemnizacións en cotas sucesivas durante doce meses.

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...