HomeSucesosUnha persoa resulta ferida cunha rozadora no Páramo

Unha persoa resulta ferida cunha rozadora no Páramo

A vítima sufriu un corte nunha perna na parroquia de Vilarmosteiro e foi trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios.

Publicado o

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida este xoves no concello lucense do Páramo tras sufrir un corte nunha perna cunha rozadora na parroquia de Vilarmosteiro, segundo informou o 112 Galicia. O suceso produciuse arredor das 12.20 horas e foi necesario trasladar a persoa ferida en ambulancia. No operativo participaron efectivos do Servizo Galego de Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense, así como axentes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...