HomeSucesosXulgarase en xaneiro o caso dun veciño de Sarria acusado dun delito...

Xulgarase en xaneiro o caso dun veciño de Sarria acusado dun delito de agresión sexual e doutro contra a integridade moral

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo xulgará en xaneiro o caso dun veciño de Sarria acusado dun delito de agresión sexual e doutro contra a integridade moral por lle propoñer a un empregado manter relacións sexuais a cambio de máis diñeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os feitos ocorreron en xaneiro de 2023 nun bar de Sarria e, tras non se alcanzar un acordo entre as partes na sesión deste martes, o xuízo celebrarase o vindeiro 29 de xaneiro, despois de seren admitidas as probas.

Segundo a versión do Ministerio Fiscal, a vítima estaba a traballar para o acusado naquela xornada. Mentres limpaba a adega do establecemento, este teríalle proposto manter relacións sexuais a cambio de lle pagar máis diñeiro. Ante a negativa do traballador, o home teríalle tocado as nádegas e tería comezado a masturbarse diante del.

A Fiscalía considera que estes feitos son constitutivos dun delito de agresión sexual e doutro contra a integridade moral. Así mesmo, atribúelle ao acusado a autoría de ambos os delitos e sinala que non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade penal.

Polo delito de agresión sexual, o Ministerio Público solicita unha pena dun ano de prisión, ademais da inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo de condena. Tamén reclama dous anos de inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividade que implique contacto regular e directo con menores de idade, así como unha orde de afastamento de 200 metros respecto da vítima e a prohibición de se comunicar con ela durante dous anos.

A acusación pública solicita ademais que se lle impoña ao acusado un ano de liberdade vixiada. Polo delito contra a integridade moral, reclama unha multa de 480 euros coa correspondente responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago.

En concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía pide que o acusado lle indemnice con 200 euros polos danos morais que, segundo sostén, lle foron ocasionados, ademais do pagamento dos xuros legais e das custas do procedemento.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...