HomeSucesosIncendio nunha vivenda de Escairón

Incendio nunha vivenda de Escairón

Non resultou ninguén ferido e tiveron que acudir os bombeiros de Chantada para sufocalo.

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio rexistrado nunha vivenda da rúa Miguel de Cervantes de Escairón, no Concello do Saviñao, e do que ninguén resultou ferido, quedou xa controlado, segundo informa o 112.

Un veciño da localidade foi o que se puxo en contacto co servizo de emerxencias para alertar sobre o fume que vía saíndo polas xanelas da casa. Os bombeiros de Chantada acudiron para sufocalo e indicaron que as chamas afectaron ao baixo e ao primeiro andar do inmoble.

Entre as hipóteses que se barallan pénsase que o incendio produciuse por mor dunha cheminea, que ademais propagou o lume.

Os bombeiros traballaron no lugar do sinistro coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil do Saviñao e os axentes da Garda Civil, que tamén foron alertados polo 112.

ÚLTIMAS

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...