HomeComarca de QuirogaBuscan a un home de 82 anos desaparecido desde o mércores en...

Buscan a un home de 82 anos desaparecido desde o mércores en Ribas de Sil (Lugo)

Un operativo de emerxencias busca desde primeira hora deste xoves a un home de 82 anos que desapareceu na tarde do mércores despois de saír a pasear pola parroquia de San Clodio, no municipio lucense de Ribas de Sil.

Publicado o

- Advertisement -

Un operativo de emerxencias busca desde primeira hora deste xoves a un home de 82 anos que desapareceu na tarde do mércores despois de saír a pasear pola parroquia de San Clodio, no municipio lucense de Ribas de Sil.

Segundo explicaron fontes do operativo, o home, veciño desta zona, puido desorientarse mentres paseaba, unha actividade que realizaba habitualmente.

En concreto, o CIAE 112 explicou que recibiu o aviso ás 16,00 horas do mércores por parte do GES de Quiroga, que comunicou a desaparición após ser alertados pola familia do home.

Este xoves, conforme sinalou o 112, está previsto que os drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) se sumen á procura do home.

Ademais do GES de Quiroga, participan na procura efectivos de Protección Civil da localidade, así como a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...