HomeMovementos sociaisCando o uso de internet se volve unha adicción

Cando o uso de internet se volve unha adicción

Publicado o

- Advertisement -

Como é ben sabido, internet proporciona innegables beneficios para a sociedade en diferentes niveis; dende consulta de información e formación académica, diversión, lecer e comunicación interpersoal entre outros usos.

Pero, como é actualmente o uso da rede por parte dos adolescentes?, pódese considerar que se está a vivir unha situación perigosa nese eido?, temos a situación baixo control?, e os pais, como usan eles a rede e que vixianza exercen sobre as consultas que realizan os seus fillos?. Todas estas preguntas son difíciles de respostas ata para os expertos.

A Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela ven de realizar un estudo sobre o uso da internet entre os adolescentes galegos onde se tiran datos bastante alarmantes.

Uso de internte entre os adolecentes galegos/UAD

O doutor e profesor Antonio Rial Boubeta resume en 4 os “mandamentos” para o uso racional e responsable das novas tecnoloxías. Observa, Controla, Limita e Acompaña.

Segundo o autor, en canto ós menores, débese de retardar e racionalizar ,na medida do posible, o acceso ó primer teléfono intelixente. Establece que será na secundaria, e non antes, cando os menores poidan facer uso dos móbiles. Neste campo, tamén aconsella racionalizar o regalo de dispositivos tecnolóxicos. En todo momento deberanse axustar á idade os contidos a dar.

O estudo apunta que hai que ensinar a aproveitar as potencionalidades das novas tecnoloxías pero non a depender delas. O ocio sempre ten que ser variado e non exclusivo do uso das TIC. Para iso, deberanse establecer normas e límites en canto o seu uso. Antonio Rial extende isto non so ós adolescentes, senon á familia en xeral, pois, segundo el, hai que”predicar co exemplo”.

En canto aos pais, advírtelles que hai que escapar das prohibicións e as censuras, controis parentais e as ameazas. A pérdida de privilexios tecnolóxicos a menudo conleva a ocultación por parte dos menores cando son acosados na rede. É necesario falar na casa das vantaxes e inconvintes das novas tecnoloxías. Para iso, os pais deben de estar ó día en redes sociais, facer cos fillos se sintan cómodos compartindo información con eles, darlles unha confianza plena nese terreo sen olvidar inculcarlle día tras día os valores de respecto e intimidade ca rede debe de posuír. Con estas pautas, os fillos deberán saber dosificar a exposición de fotografías persoais nas redes sociais e polo tanto, non necesitarán a aprobación pública para subirlles a autoestima, pois esta, debe ser subida todos os días na casa con diálogo, respeto e cariño.

ENTRAR NAS CONTAS DOS FILLOS

O estudo conclúe que, si os pais logo de todas estas pautas, sospeitan que os seus fillos poden estar en perigo ou facendo un mal uso da rede, entren nos perfís dos seus retoños sen pudor. A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte (UAD) está a repartir entre todos os centros educativos e Concellos da comarca esta información para que dende os centros xunto cas familias se poida controlar unha situación antes de que sexa demasiado tarde.

Por outra banda, a exposición de debuxos dos nenos de sexto de primaria dos centros de Chantada, Escairón, Monforte e Sober encargada pola UAD sobre o tabaquismo, aínda se pode visitar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ata ó vindeiro día 14 de xuño.

 

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...