HomePolíticaA Unidade de Drogodependencia de Monforte vai cambiar de sede

A Unidade de Drogodependencia de Monforte vai cambiar de sede

Actualmente a Unidade de Drogodepencia de Monforte ten actualmente máis de 1.500 historiais abertos pertencentes a diferentes doenzas e necesidades dos usuarios

Publicado o

- Advertisement -

A Unidade de Drogodepencia de Monforte, que actualmente está situada na Rúa Otero Pedrayo da localidade vai mudar ó barrio da Estación a comezos do vindeiro ano.

O Concello de Monforte ten alugado o edificio de ADIF dende o ano 2011 e logo de atender ás demandas do centro, a decisión tomada polo goberno local foi a de transladalo ó antigo Cuarto dos Axentes de Renfe. José Tomé Roca declarou que, “trátase dunhas instalacións que ata agora non tiñan uso polo que dende o Equipo de Goberno decidimos darlle utilidade ós locais polos que o Concello paga un alugueiro”.

A planta baixa do edificio consta de 306 metros cadrados, dos cales 265.70 son útiles. A amplitude do local facilita que o espazo conste de 14 salas. En concreto, as novas instalacións contarán cunha sala de espera, dous baños, unha sala de terapias, un laboratorio, un taller, un almacén e sete despachos.

As obras, financiadas integramente pola Deputación de Lugo cun presuposto de 90.000 euros, estímase que estarán rematadas a comezos do 2019.

 

 

ÚLTIMAS

Máis dunha vintena de investigadores nunha nova campaña de escavacións na Cova de Eirós

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este mércores o alcance dos traballos...

Estabilizado o incendio forestal de Taboada que afectou a 30 hectáreas

Este lume iniciouse ás 17,38 horas deste mércores, 12 de agosto, e segundo as...

O XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’ ofrece lecer familiar nas Patronais de Monforte

O certame “A rúa é vosa”, dirixido ao público familiar, achega na súa duodécima...

Sober dáse cita co Amandi e a rosca

A experiencia proposta pola Agacal tivo como fío condutor a Rosca de Sober, reinterpretada...