HomesociedadeA Diocese de Mondoñedo-Ferrol propón que soen as campás á hora do...

A Diocese de Mondoñedo-Ferrol propón que soen as campás á hora do Angelus

Queren lembrar, así, os enfermos, os traballadores dos centros de saúde, os equipos de emerxencias e forzas de seguridade, as persoas de risco, os educadores, os que se atopan en soidade, as autoridades públicas e católicas.

Publicado o

- Advertisement -

A Diocese Mondoñedo-Ferrol propón a todas as súas homólogas que o consideren oportuno que fagan soar as campás dos templos á hora do Ángelus, co fin de convidar a orar a quen permanecen na súa casa e facer chegar a quen serven e traballan “a axuda do Señor e o agradecemento da Igrexa”.

Nun comunicado, lembrou que a Comisión Executiva da Conferencia Episcopal Española enviou unha carta, con data 15 de marzo, na que afirma que nestes días de “singular e dolorosa experiencia cidadá e eclesial, á que nos levou a pandemia do coronavirus, a Igrexa católica está chamada a ofrecer os seus recursos en favor dos afectados“.

A Diocese Mondoñedo-Ferrol acolle “de bo grado esta invitación para que se realice nas igrexas que sexa posible”. Así, cada día, ás 12:00 do mediodía e a partir do día 19, festividade de San José, soarán as campás para mostrar o seu “agradecemento e fraterna solidariedade”.

Esta diocese lembrará, así, os enfermos, os traballadores dos centros de saúde, os equipos de emerxencias e forzas de seguridade, as persoas de risco, os educadores, os que se atopan en soidade, as autoridades públicas e católicas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...