HomeCulturaAndrés Montes, vocalista do grupo Gin Toni´s: "o día que non me...

Andrés Montes, vocalista do grupo Gin Toni´s: “o día que non me poña nervioso ó subir a un escenario, deixo de actuar”

Publicado o

- Advertisement -

Andrés Montes é o vocalista do grupo musical Gin Toni´s. Nado es Escairón ó igual que gran parte da formación, desde cativo sempre tivo paixón pola música. Unha afección que compartiu desde sempre cos seus amigos e colegas Toni e Ángel.

Cartel da xira 2018/Facebook

Como naceu o grupo Gin Toni´s?

Foi no ano 2013 cando, na festa da xuventude de Escairón, Ángel, Toni e máis eu decidimos tocar algunhas cancións para amenizar o día como temos feito outras moitas veces. O organizador da festa púxonos o nome porque como o batería se chama Toni, pois dixo, “a partir de agora sodes os Gin Toni´s” e xa lle quedou o nome para sempre.

Non tiñamos intención de ir a máis pero xusto o presidente do Círculo Saviñao gustámoslle e díxonos se podíamos actuar na festa de Fin de Ano que organiza e alá fomos.

Pero repito, foi todo de casualidade. Ningún de nós tiña intención de facer nin ter todo o que temos na actualidade.

Mira se é casualidade que un día Celso, o guitarrista de Ourense non se atopa ben e veu ata Belesar en taxi onde dabamos un concerto. Pois resulta que o condutor era saxofonista e díxonos que lle gustaría actuar con nós un día. Así o fixemos e xa quedou no grupo.

Logo Alberto Espín, o representante de orquestras, propúxonos actuar nas festas patronais de Monforte e iso xa foron palabras maiores.

Como recordas esa primeira actuación nas festas de Monforte?

Con moita ilusión. Estabamos moi nerviosos porque a explanada da Compañía é moi grande. Organizamos un concerto con sorpresas e moi preparado porque realmente enfrontabamonos a algo que nunca antes fixeramos. Ver o recindo do concerto cheo de xente foi un espectáculo, algo que xamais imos esquecer.

E así pouco a pouco fomos facendo concertos ata hoxe. O ano pasado fixemos 63 concertos públicos e cada día que pasa gústamos máis o que facemos.

Actuación do grupo nas festas patronais de Monforte/Facebook

Cal é a fórmula do voso éxito?

Eu sempre digo que non existe. Nós o que somos hoxe non foi buscado, xurdiu todo de casualidade. Ningún de nós consideraba a música como unha saída profesional, senón como fixéramos sempre, unha afección.

Gin Toni´s o que ten é carisma. Unha conexión co público. A nosa forma de ser e a de actuar é o que realmente lle gusta á xente.

Como vos organizades porque todos tedes un traballo a maiores?

Temos a vantaxe de que excepto un de nós, o resto somos autónomos e organizamos o noso traballo de pola semana de tal forma que podemos actuar cando nos chaman. Si é certo que temos unha norma e é que soamente tocamos 2 días á semana e entre o venres e o domingo. Tamén facemos algunha excepción como nas festas do San Froilán de Lugo do 2017; chamáronnos para actuar un xoves e fomos, pero xa digo, é unha excepción.

Mira, mentres haxa adrenalina, nós seguiremos actuando. Ás veces tocamos o venres á noite e o sábado a mañá temos que traballar. Pero non importa, aínda que estamos todos cansos, os nervios de poñer o pé no escenario e soar o primeiro acorde, xa é suficiente para que se olvide todo e dar o mellor de nós. Eu sempre digo que o día que non me poña nervioso ao subir a un escenario, retírome.

Pero é que tedes ata club de fans,

(Risas) certo. Eu sempre pensei que iso do club de fans era de frikis e cando naceu a proposta eu dixen, “bueno, facede o que queirades”. As organizadoras da meirande parte son Belén, Chus, Julia e Lola. Elas dixéronme que querían facer un club de fans porque así saían da monotonía e sinceramente, pareceume tan bo argumento que por suposto que o podían facer.

Hoxe podo dicir que ter xente ó teu carón que traballa desinteresadamente polo grupo, soamente porque lles gusta o que fas, é alucinante. Nunca lle poderemos agradecer todo o que fan pola formación. Moitas veces son elas as que se enteran de carteis anunciando a nosa actuación antes ca nós e eu sempre lles digo, “pero como o facedes?”. Estamos completamente marabillados con elas.

En todos os concertos que ofrecemos sempre hai, mínimo, un representante do club de fans. E se elas non poden vir, xa enviarán a alguén no seu lugar. Pero sós nunca nos deixan.

14 de agosto de 2018. Actuades ás 00:30 horas nas festas de Monforte. Que tedes organizado para este día?

A parte dun concerto moi preparado porque volvemos actuar nas festas onde demos o noso primeiro gran concerto, temos preparada unha sorpresa. Temos 3 colaboracións. Tico dos Yellow Pixoliñas, Alberto Cabo de Himen Breakers e Isi de Frente Norte foron para min os referentes da música da zona. A eles débolles a miña paixón. Sempre que os vía actuar pensaba para min “eu quero facer o mesmo algún día”.

Eu creo que vai gustar moito porque son 3 figuras da música. Foron 3 grupos que no seu día, e aínda hoxe, marcaron unha xeración. Considero que para todos os que amamos a música, foron todo un referente da súa época.

 

 

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...