HomeTerra de LemosSoberUnha adega de Sober, protagonista dun documental estadounidense

Unha adega de Sober, protagonista dun documental estadounidense

Destacan a "filosofía" sustentable do establecemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A adega Régoa, da D.O. Ribeira Sacra na suzona de Amandi, no municipio de Sober, participará este mes nunha serie documental dunha produtora de Estados Unidos que terá “proxección internacional”.

Segundo informa a empresa nunha nota de prensa, “a adega propiedade de José María Prieto é a única de Galicia que vai formar parte deste proxecto audiovisual sobre adegas de autor”. Xunto a ela, tamén participarán do traballo audiovisual outras do País Vasco ou A Rioxa.

José María Prieto / Facebook Régoa

A elección de Régoa para este proxecto prodúcese “pola súa filosofía no tratamento da terra, coidado das viñas e sustentabilidade que caracteriza o seu traballo”, explica a firma. Cada unha das zonas vinícolas escollida dará para un episodio da serie, cinco en total, polo que a Adega Régoa será “protagonista duns dos episodios do proxecto”, engade.

PLAN DE GRAVACIÓN

A gravación levará a cabo os días 27 e 28 de maio nas instalacións que Régoa ten en Amandi e tamén noutras localizacións de Sober, na Ribeira Sacra. O equipo técnico estará formado por dez persoas, entre as que se atopa o director da produtora estadounidense E-Content Dixital, de orixe americana.

Así, ademais de dar a coñecer os viñedos da adega e as súas características, e de catar os seus viños, “tamén se fará unha visita á Reitoral de Gundivós para ensinar o funcionamento da ollería tradicional e unha parada na quesería Airas Moniz de Chantada”.

O proxecto documental estrearase no último trimestre do ano, sobre esta adega que conta con dez hectáreas de viñedo en “unha única peza no corazón de Amandi, en San Martiño, no concello de Sober”, engade. Régoa produce sobre 40.000 quilos anuais de uva que se destinan “maioritariamente” ao mercado nacional a través das súas distribuidoras.

ÚLTIMAS

Ouro de Quiroga e EDV 2015 triunfan no certame CINVE 2026

O pasado xoves entregáronse en Madrid os premios da 22ª edición do CINVE para...

O RadioVisual do Patrimonio emitiu desde A Seara coa Fundación Legar e alumnado do CEIP de Quiroga

O Centro de Interpretación da Música de Raíz localizado na aldea da Seara é,...

O IES Lama das Quendas de Chantada estrea novo auditorio

Acompañaron ao conselleiro a xefa territorial de Educación da Xunta en Lugo, Sagrario Sánchez,...

A conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro do agro galego

A conselleira detallou que en primeiro lugar está conseguir que o rural siga sendo...