Os datos oficiais de recollida de uva a data 27 de setembro son:
Variedades tintas:
- Mencía: 490.256 kgs
- Brancellao: 1.786 kgs
- Merenzao: 16.405 kgs
- Caiño: 5.998 kgs
- Garnacha: 14.029 kgs
- Mouratón: 300 kgs
- Sousón: 200 kgs
- Tempranillo: 11.130 kgs
Variedades blancas:
- Albariño: 65.298 kgs
- Dona Branca: 2.660 kgs
- Godello: 170.630 kgs
- Loureira: 1.802 kgs
- Torrontés: 2.283 kgs
- Treixadura: 18.361 kgs
Cun total de 801.138 quilos de uva recollidos ata o momento, 5 adegas xa remataron a campaña. Vendiman ao amparo da Denominación 95 adegas e nesta fin de semana 58 delas estarán cos traballos de recolida.
3,7 millóns de euros para axudas á transformación e comercialización de produtos vitivinícolas.
Estas liñas de axudas financiadas polo Feaga, Fondo Europeo Agrícola de Garantía, a través do Programa de apoio ao sector vitícola español teñen por obxecto favorecer o incremento da dimensión empresarial e a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.
O orzamento inicial era de 2,5 millóns de euros, pero Medio Rural ven de ampliar a partida a 3,7 millóns de euros coa intención, din, de apobar todas as solicitudes que cumpran cos baremos establecidos.
Con estas axudas apoiase ao sector produtivo para a adquisición e mellora de bens inmobles, de maquinaria e equipamentos novos, sufrágase a adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, a compra de patentes ou licenzas, e os honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade.