HomesociedadeComo se dinamiza o agro e se loita contra os incendios?

Como se dinamiza o agro e se loita contra os incendios?

O conselleiro do Medio Rural, José González, visita o concello de Sober para presentar unha iniciativa de mobilización de terras agrarias, que segundo apunta, ten por obxecto, loitar contra o abandono e, consecuentemente, fixar poboación no rural e previr incendios forestais.

Publicado o

- Advertisement -

No concello de Sober vanse poñer en valor 21 hectáreas de terreo para o seu aproveitamento como pasteiros. Son 135 parcelas que pertencen a 86 propietarios. O Conselleiro do Medio Rural, José González, sinalou que “estamos diante dunha iniciativa de calado para este concello”. A actuación enmárcase nos diferentes proxectos de mobilidade de terras que impulsa Medio Rural, para a recuperación e posta en uso de terras abandonadas. Unha liña de traballo na que se invisten 2,7 millóns de euros en toda Galicia.

Ademais do caso de Sober, na provincia de Lugo, hai en marcha outras inciativas no Courel, Ancares e Val de Lemos. Segundo o conselleiro, neste tipo de actuacións, o Banco de Terras actúa como instrumento de identificación de áreas de gran aptitude agraria e elevado grao de abandono. Trátase dun elemento para a concentración da oferta a través da dinamización das persoas titulares dos terreos e de posta en contacto e arbitraxe entre titulares e axentes, tales como cooperativas ou empresas agrarias, interesados en promover proxectos produtivos agrarios de gran envergadura; afirma José González.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...