HomePolíticaO alcalde da Pobra do Brollón ve un exercicio de "pedagoxía" a...

O alcalde da Pobra do Brollón ve un exercicio de “pedagoxía” a retirada dos títulos honoríficos a Franco

Para o alcalde, que o nombrameto siga vixente en 2022 "non é digno" para "un concello do século XXI"

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda, reivindicou como un exercicio de “pedagoxía” e de cumprimento da lei a retirada do título de ‘alcalde honorífico perpetuo’ ao ditador Francisco Franco, que será levada ao pleno municipal o vindeiro venres.

En declaracións aos medios este mércores, o rexedor nacionalista sinalou que o goberno local dá este paso tras localizarse a acta do nomeamento no ano 1967.

Para o alcalde, que o nombramieto siga vixente en 2022 “non é digno” para “un concello do século XXI”. “é necesario facer pedagoxía, evitar que ese período luctuoso da nosa historia recente vólvase a repetir, nun momento onde hai unha emerxencia polo avance a extrema dereita a nivel mundial”, sinalou.

“As novas xeracións teñen que reflexionar e valorar o que está a acontecer para que esa etapa de represalias e asasinatos non volvan producirse”, concluíu.

A sesión plenaria do venres tamén servirá para render tributo a Antonio Reboiro Rodríguez, membro do Partido Agrario Radical Galego e que, tras anos como edil, foi alcalde en funcións da Pobra desde febreiro de 1936.

A intención do goberno municipal é que Reboiro, detido meses despois da sublevación e executado en 1938 tras ser condenado á morte nun consello de guerra, dea nome á biblioteca municipal, da que foi o seu primeiro impulsor.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...