HomePolíticaAxudas da deputación para mellorar varias estradas e o turismo en Lemos

Axudas da deputación para mellorar varias estradas e o turismo en Lemos

O Vicepresidente da Deputación anunciou este venres a unha partida presupuetaria de preto de 1 millón de euros, para acometer melloras en toda a provincia

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destinou varias axudas para mellorar infraestruturas nas terras de Lemos. Así, no tocante á renovación e mellora de estradas, o Concello de Sarria mellorará 3.6 quilómetros da LU-P-5602, entre Samos de Piquín e Sarria a través da partida presupuestaria destinada de preto de 1 millón de euros pola Deputación de Lugo.

Estas estradas serán renovadas en base ao Plan de Estradas de 15 millóns de euros que puxo en marcha o Executivo e que permitirá actuar nos 67 concellos da provincia.

ribeira sacra e ancares-courel

A Deputación tamén aprobou a adxudicación dunha campaña de promoción turística da provincia e que conta cun investimento de 34.000 euros, que inclúe a realización de vídeos para os 4 xeodestinos da provincia (Ancares-Courel, Ribeira Sacra, Lugo, Terra Chá).

A iniciativa está incluída dentro do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia, co que se pretende impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico da provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible.

 

 

 

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...