HomesociedadeMobilizacións en DomusVi de Monforte por "despedimentos" e "abuso laboral"

Mobilizacións en DomusVi de Monforte por “despedimentos” e “abuso laboral”

O sindicato Comisións Obreiras anunciou mobilizacións na residencia Domus VI de Monforte de Lemos polo que cualifica como unha situación "inadmisible" que vincula, entre outras cuestións, con "despedimentos e falta de persoal".

Publicado o

- Advertisement -

Nun comunicado, asegura que “máis aló dos problemas que veñen de atrás”, intensificáronse algúns “coa nova dirección”. Así, alude ao despedimento de traballadores “nun centro no que CCOO xa viña alertando de falta de persoal e unha desorbitada carga de traballo”.

Tamén alude “ao cambio de funcións das traballadoras, o que supón un risco tanto para as persoas usuarias como para as profesionais”. “É o caso, por exemplo, dos residentes con gran dependencia que necesitan ser atendidos por dúas xerocultoras para levantalos e asealos, labor que agora debe realizar unha soa”.

“O mesmo sucede coa administración da medicación, que non entra nas funcións deste colectivo a non ser que estea supervisado polo persoal de enfermaría”, apostilla o sindicato que engade que “non é o caso”.

Argumenta, ademais, que “aos problemas organizativos súmase a vulneración de dereitos laborais”. “A día de hoxe non temos calendario laboral ou o cómputo de horas extras”, recalca. Por todo iso, ademais de medidas legais, anuncia próximas mobilizacións para as que piden o apoio das familias e da cidadanía. “Para concienciar sobre a situación que se vive neste sector”, recalca.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...