HomeTerra de Lemossanidade"Terminamos o ano como o comezamos, sen especialistas", a CIG Saúde fai...

“Terminamos o ano como o comezamos, sen especialistas”, a CIG Saúde fai balance do ano no Hospital Comarcal de Monforte

Insisten desde a CIG Saúde en que a "perda da área sanitaria foi unha catástrofe para o Hospital de Monforte, xa que non contamos con presuposto propio, dependemos de Lugo para todo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Central Sindical CIG-Saúde denuncia que no Hospital Comarcal de Monforte temata o ano como comezou, “cunha falta de especialistas alarmante”.

En Pediatría de catro pediatras que debería haber, contase con dúas, e “vímonos de enterar de que as duas prazas vacantes que teriamos que ter, están ocupadas por dúas pediatras en Lugo, co cal non poden saír e non se poden cubrir aquí. Todo un despropósito”.

Aseguran que o Hospital Comarcal de Monforte é o único que non conta con praza de HADO. “No ano 2021 publicouse no DOGA o decreto 34/2021 do 11 de febreiro, polo que se crea a categoría de HADO. O hospital de Monforte, é o único de Galiza que actualmente está incumplindo este decreto, xa que non hai médico de HADO, se non que se está xestionando polo servizo de Médicina Intena en vez de contar con médico propio, seica pretenden rotar cada catro meses un facultativo distinto co prexuizo que esto lle suporía aos pacientes”.

En Dixestivo están as dúas prazas ocupadas pero, unha delas leva de baixa bastante tempo e non se cubre. En Psiquiatría recordan que é imposible atender a unha poboación tan grande cun so psiquiatra, o mesmo acontece en Rehablitación.

En Raios X, vense de xubilar un radiólogo e outra marcha de traslado o 31 de xaneiro, de catro quedarían 2, “o cal sería un desastre de cara as listas de espera de TAC e Ecografías”. En laboratorio hai unha facultativa de baixa maternal e leva moito tempo sen cubrir.

CIG Saúde tamén reclama a necesidade de aumentar persoal nas quendas de noite, “seguimos a ser o único hospital de Galicia que non conta con duas enfermeiras de noite por planta. Ten que atender a 28 pacientes unha enfermeira soa”. E pide aumento de TCAE e Celadores, e un técnico de laboratorio na quenda de noite.

A central sindical remata asegurando que “as obras executadas foron benvidas, pero temos moito material obsoleto (por poñer un exemplo un ecógrafo de Rx, os portátiles para facer radiografías ou algún Electro…). Cando lle decimos á dirección que hai que repoñer material a resposta sempre é a mesma, que non hai cartos e que as compras dependen de Lugo, que non poden facer nada. Esperemos que o 2025 sexa mellor, aínda que hai serias dúbidas”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...

Xornada de portas abertas este día 20 para coñecer o Belén do Centro de Día de Quiroga

O evento contará con dúas franxas horarias, de 10:30h a 12:30h e de 16h...