HomesociedadeO primeiro centro específico para acoller a menores migrantes da Xunta abrirá...

O primeiro centro específico para acoller a menores migrantes da Xunta abrirá en Monforte

Terá un total de 80 prazas.

Publicado o

- Advertisement -

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, anunciou que o municipio lucense de Monforte de Lemos acollerá o primeiro centro específico para menores estranxeiros que se abrirá en Galicia. En concreto, estará situado no edificio residencial Francisco Suárez que Prodeme ten no municipio e contará cun total de 80 prazas.

Fabiola García, que visitou este sábado o centro, agradeceu a colaboración da entidade social e lamentou que “a imposición” do Goberno central “obriga á Xunta a facer o que non quería, crear centros específicos para menores estranxeiros”. Isto, continuou, levará a que se modifique o sistema do Executivo autonómico de protección á infancia. Así mesmo, denunciou que o traslado destes menores “non vai acompañado” de financiamento a pesar de que, segundo os cálculos da Xunta, atender a todos os adolescentes “terá un custo de ata 30 millóns de euros ao ano”.

“Estas son as primeira 80 prazas específicas que a Xunta se ve obrigada a crear”, subliñou a conselleira, á vez que indicou que o Executivo galego segue buscando novas localizacións. Esta semana a Xunta recibiu os primeiros seis expedientes de adolescentes que forman parte do grupo de 317 que o Goberno quere trasldar a Galicia. A eles, indicou a Xunta, débense sumar os 15 menores estranxeiros solicitantes de asilo que o Executivo central “debe acoller por orde do TS e que vai trasladar a Galicia”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...