HomesociedadeNovos alumeados e marquesiñas en Monforte

Novos alumeados e marquesiñas en Monforte

O Concello de Monforte instala nova iluminación na Praza da Estación e no barrio Val de Lemos e novas marquesiñas para o Colexio Novo e Residencia do Morín

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte levou a cabo unha mellora na iluminación pública na Praza da Estación, como continuación á levada a cabo nas rúas Calvo Sotelo e Coruña. A brigada municipal de servizos procedeu á substitución das vellas luminarias de sodio, de alto gasto enerxético, por luminarias de aloxenuro metálico de 70 W.

Tamén se mellorou a iluminación no barrio Val de Lemos ao cambiar de 28 luminarias de sodio (luz amarela) por outras tantas de aloxenuro metálico (luz branca) de 150 W. Deste xeito, conseguiuse unha mellor iluminación á vez que se reduce o gasto enerxético.

Nesta semana instaláron novas marquesiñas de madeira na Residencia Xeriátrica do Morín e no Colexio Novo. As primeiras respostan á demanda de moitas persoas que habitualmente visitan ós seus familiares en dito centro xeriátrico e que non contaban cunha infraestrutura axeitada para esperar ó autobús e poder gorecerse así do sol ou da choiva. Algo similar acontecía no caso do Colexio Novo, onde os alumnos non podían gorecerse con garantías mentres esperan o autobús escolar.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...