HomePolíticaA rúa do Caneiro terá novo servizo de auga potable

A rúa do Caneiro terá novo servizo de auga potable

Esta obra está enmarcada dentro dun conxunto de actuacións levadas a cabo polo consistorio co obxectivo de renovar todas aquelas zonas da cidade onde os problemas, de diversa índole, son constantes

Publicado o

- Advertisement -

Recentemente, na rúa Caneiro de Monforte, instalouse unha estación de bombeo, nas inmediacións do Club Fluvial, para bombear as augas residuais á rede de saneamento. Dentro destas actuacións, Aqualia vai proceder á execución das obras de renovación da tubaxe de abastecemento de auga potable, que comezarán o vindeiro día 11 de xuño.

As obras consistirán na renovación da tubaxe da marxe dereita nunha lonxitude de preto de 200 metros. Esta nova tubaxe vai ser de poliuretano e de 90 milímetros de diámetro, e nalgún treito, para soportar o peso do tráfico, empregarase tubaxe de fundición cun diámetro de 80 centímetros. Na marxe esquerda empregaranse 60 metros de tubo de poliuretano de 63 milímetros de diámetro.

O Alcalde considera que, “esta é unha obra necesaria que dará solución ós inconvintes que se viñan producindo nesa rúa. Esta obra forma parte da mellora do servizo de auga potable que lle queremos dar á cidade”.

 

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...