As especialidades que se ofertan en Música son as seguintes:
- Música e Movemento, para nenos e nenas de entre 4 e 5 anos.
- Percusión: batería e percusión.
- Percusión galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
- Acordeón.
- Guitarra española, Guitarra eléctrica.
- Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón.
- Trompa, Trompeta, Trombón de varas
Completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como coa participación en grupos colectivos que se organicen na Escola Municipal de Música.
A Escola Municipal de Danza desenvolverá actividades relacionadas coa escenografía escénica aplicada á danza. Ofrécense espacialidades de:
- Danza tradicional Galega, a partir de 5 anos.
- Danza Contemporánea / Moderna, a partir de 9 anos.
- Ballet clásico, a partir de 5 anos.
Desde a Escola Municipal de Danza o obxectivo será darlle un novo impulso a danza cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.