HomesociedadePrisión para seis dos detidos como falsos vendedores de coches de alta...

Prisión para seis dos detidos como falsos vendedores de coches de alta gama

O resto da banda quedou en liberdade con cargos. O grupo utilizaba a violencia para roubar a persoas interesadas en coches de luxo.

Publicado o

- Advertisement -

Seis dos detidos en Galicia por roubos e agresións a compradores de coches de alta gama foron enviados a prisión, tras pasar a disposición xudicial este sábado en Ourense, Monforte e Sarria.

Segundo trasladaron a Europa Press fontes da investigación, o xulgado de Ourense decretou o ingreso en prisión de catro deles, en concreto A.R.R., S.C.L., M.E.A. e H.B.M.. Por outra banda, dous dos detidos que compareceron ante os xulgados en Sarria e Monforte tamén ingresarán no centro penal. O resto quedou en liberdade con cargos.

En total, son once os investigados no marco da operación para desarticular un grupo que utilizaba a violencia para roubar a interesados en comprar vehículos de alta gama. Dous deles xa foran postos en liberdade nas dependencias policiais e o resto permaneceu en comisaría ata a mañá deste sábado, cando pasaron a disposición xudicial.

A este grupo atribúeselle unha serie de roubos con intimidación e violencia cometidos en varias localidades das provincias de Lugo, Ourense e León. Os implicados contactaban coas vítimas a través de falsas ofertas en Internet para a venda de vehículos de alta gama, quedaban con eles en lugares apartados e, tras intimidalos con armas de fogo, agredían ás vítimas para roubarlles o diñeiro que levaban encima para a compra do coche.

No operativo participaron membros da Garda Civil de Ourense e da Policía Nacional de Monforte e desenvolveuse de forma simultánea desde primeira hora da mañá deste xoves en Monforte de Lemos, Sarria e a capital ourensá, onde, ademais de deter aos presuntos membros do grupo, procedeuse ao rexistro de oito inmobles.

ÚLTIMAS

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...