HomeTerra de LemossanidadePositivo de coronavirus nun traballador do Hospital de Monforte

Positivo de coronavirus nun traballador do Hospital de Monforte

Non se trata de alarmar nin xerar medo na poboación, pero si de tomar as medidas que contribúan a limitar o contaxio.

Publicado o

- Advertisement -

O Sergas vén de confirmar a aparición dun caso positivo de coronavirus nun traballador do Hospital Comarcal de Monforte. Segundo informan, o Servizo de Medicina Preventiva do centro hospitalario realiza a súa función reforzado polo Servizo de Medicina Preventiva do HULA, baixo os protocolos establecidos polo Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e o Sergas, entre posibles contactos deste traballador.

Anuncian tamén que o Hospital Comarcal de Monforte apraza de modo racional a actividade que  non sexa urxente, resolvéndoa telefonicamente e darcodo coas indicacións da Consellería e do Ministerio. Así, estanse resolvendo consultas de modo telefonico para que a xente permaneza no seu domicilio e non teñan que deprazarse, tal e como recomendan os expertos e as autoridades sanitarias.

Polo demáis, o Hospital desenvolve a súa actividade con normalidade dentro da situación epidémica que estamos vivindo. Insístese en adoptar as medidas preventivas oportunas para controlar o avance desta enfermidade transmisible. Non se trata de alarmar nin xerar medo na poboación, pero si de tomar as medidas que contribúan a limitar o contaxio.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...