HomePolíticaTomé insiste: insta á Xunta a explicar por que Monforte segue pechado

Tomé insiste: insta á Xunta a explicar por que Monforte segue pechado

O alcalde do concello non entende por que "noutros concellos con máis incidencia" non se aplican as mesmas medidas.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, instou á Xunta a explicar con que criterios “pecha” perimetralmente este municipio e non outras localidades con máis incidencia de covid-19.

Tras a xunta de goberno provincial e nunha xornada na que se volveu a reunir o subcomité clínico que asesora á Xunta, Tomé constatou que segue o peche perimetral desta localidade.

Así mesmo, sinalou que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fíxolle chegar unha carta “dicindo que non se abría o concello de Monforte e o mesmo a hostalería, amparándose en que a decisión a tomaban os expertos sanitarios”. “A Xunta de Galicia queixouse moitas veces ante o goberno de España que non se fiaba dos técnicos sanitarios de Madrid” e agora é o Goberno galego o que se aferra ao que lle trasladan “expertos sanitarios”.

Dito isto, criticou que haxa concellos “que non están pechados” a pesar de ter unha incidencia por cada 100.000 habitantes superior” a algunhas das localidades que están pechadas, como o caso de Monforte de Lemos.

“Eu quero o mesmo trato para todos, e desde logo quero a mellor saúde para os meus veciños, pero os criterios se son obxectivos son obxectivos para todos e non para uns se e para outros non”, afirmou.

Preguntado sobre se considera que con estas medidas se busca favorecer os municipios segundo a súa cor política, insistiu en que “alguén” lle terá que “explicar por que concellso que teñen unha incidencia maior que Monforte non están pechados”. “Se mo explican e me convencen igual ata cambio de opinión”, resolveu.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...