HomePolíticaO conxunto monumental de San Vicente a escuras?

O conxunto monumental de San Vicente a escuras?

O PP de Monforte esixe a mellora na iluminación do conxunto monumental de San Vicente e acusa ao alcalde, José Tomé, de non interesarse polo potencial turístico do concello.

Publicado o

- Advertisement -

O PP de Monforte xa presentara en xaneiro unha moción pedindo a mellora da iluminación na praza Luis de Góngora e na fachada lateral da igrexa de San Vicente. Solicitaban dotar á zona dun alumeado destinado a enaltecer e destacar a entidade do monumento. Os populares volven a insistir no tema despois, din, das queixas dos usuarios do Parador pola ausencia de alumeado público neste espazo.

Que o alcalde non atendese á moción popular aprobada en xaneiro e que en plenas festas patronais a contorna do Parador continúe con falta de iluminación é entendido polo PP local como desinterese do alcalde polo potencial turístico de Monforte. Para os populares estar en tempada alta con falta de conservación no Camiño de Inverno, tendo pechado o centro de recepción de peregrinos e o sen mellorar a iluminación nun dos enclaves de referencia da cidade, dá conta da pouca vontade do equipo de goberno por dinamizar os recursos turísticos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...