HomeTerra de LemosMonforteMonforte será epicentro dun gran acto na memoria de Lois Pereiro

Monforte será epicentro dun gran acto na memoria de Lois Pereiro

Abranguerá encontros dende Santiago a Barcelona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúan as actividades polo cabodano do falecemento de Lois Pereiro. O poeta natural de Monforte de Lemos, finado en maio de 1996, será lembrado cun acto “expansivo” que se artellará a través de distintas cidades galegas de xeito simultáneo o vindeiro 5 de xuño ás 12:30.

A iniciativa, que vén impulsada polo Ateneo Casino de Monforte, recolleu o apoio de multitude  de entidades culturais de toda Galicia que, de acordo co Ateneo, organizarán actos nos que se agarda a participación dunhas cen persoas do eido da cultura galega: actos que irán dende o simbólico ao festivo, do solemne ao punky.

“Levamos moito tempo traballando nesta iniciativa que ten unha organización complexa”, comenta Xosé Rodríguez, membro do grupo de Acción Social do Ateneo monfortino. “Estaba previsto facela antes, pero por motivos pandémicos tivemos que adiala ata este momento“, engade.

Ademais das catro capitais de provincia e Santiago, a actividade replícase en moitas vilas e aldeas de Galicia e máis en Barcelona. “A actividade enmárcase nos actos conmemorativos do 25 aniversario do pasamento de Lois Pereiro que estamos a desenvolver dende o Ateneo” comenta María Loreto G. Cabanas, presidenta do Ateneo de Monforte. “A  gran acollida demostra o enorme interese que esperta a figura de Lois e o agarimo co que é recibida a súa obra polas novas xeracións”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...