HomesociedadeTomé sobre o incendio de Monforte: "É unha situación moi difícil de...

Tomé sobre o incendio de Monforte: “É unha situación moi difícil de dixerir”

Dos sete afectados, a menor, de 13 anos, é "a menos afectada e non está ingresada", explicou o rexedor.

Publicado o

- Advertisement -

Un fornelo eléctrico ou de leña ou un calefactor poderían estar detrás do devastador incendio producido nun inmoble en Monforte de Lemos, onde un dos oito integrantes dunha familia faleceu polas lesións sufridas.

O alcalde do municipio, José Tomé, que viviu en primeira persoa os labores de rescate logo de decatarse sobre “as 7,26 horas” da mañá, acreditou que a familia “está fatal, porque seis deles seguen ingresados, un falecía e unha nena está fóra de perigo”. Con todo, a pequena presenta unha lesión no pé porque logrou sortear o incendio ao saltar dun balcón ao outro.

En concreto, dous dos feridos permanecen ingresados na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e outros catro no hospital de Monforte. A menor, de 13 anos, é “a menos afectada e non está ingresada”, explicou o rexedor.

“A situación é tremendamente difícil e máis nunhas datas como estas, onde estaban a celebrar o Nadal coa nai. É unha situación difícil de dixerir. Non se asume, hai que aceptalo e xa está”, deixou caer emocionado Tomé. O alcalde de Monforte estivo desde o primeiro momento no lugar dos feitos, nese inmoble de tres plantas da rúa Roberto Baamonde, tras avisarlle a Policía Local. Foi testemuña do desaloxo: dous dos afectados por unha xanela, tres pola porta e a nena saltando dun balcón a outro.

O sarxento dos bombeiros trasladoulle, sobre a orixe do lume, que “non tiña moi claro que era, pero si que parecía que era un fornelo ou un calefactor que estaba debaixo dos cascallos do teito”. “Parecía un fornelo e non sabía moi ben si era eléctrico ou de leña aínda que parece que máis ben era eléctrico“, apuntou o alcalde.

Tomei aproveitou para anunciar que para o pleno ordinario do Concello que se celebrará este luns, “antes de empezar gardarase un minuto de silencio polo falecido”. En canto a reacoller a esta familia, moi coñecida en Monforte, comprometeu que “se fai falta” hospedaráselles nun hotel do concello. “Non vai haber ningún problema, como nunca o houbo neste tipo de situacións. O Concello vai estar ao que nos diga a familia”, subscribiu.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...