HomeEconomíaAlcalde e adegas concretan o plan organizativo para o 'Festival do Viño'...

Alcalde e adegas concretan o plan organizativo para o ‘Festival do Viño’ de Monforte

O sábado 18 de xuño José Tomé Roca recibía na Casa do Concello aos 27 adegueiros que participarán na vindeira edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra que terá lugar na cidade do Cabe do 1 ao 3 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro levouse a cabo no salón de plenos e serviu para que o Alcalde lles explicara aos expositores os aspectos organizativos e técnicos en relación coa montaxe do espazo feiral, que como en pasadas edicións, ubicarase no Paseo do Malecón á beira do río Cabe.

O rexedor monfortino deulles a coñecer o deseño do stand que cada adega ocupará no certame, así como o deseño das zonas comúns, e especialmente a zona de catas que se inclúe este ano no certame, para a novidosa celebración do obradoiro de catas para adulto, que por rimeira vez se fará neste Festival.

Nesta IV edición haberá por primeira vez un obradoiro de catas

Tamén se lles explicou aos adegueiros e adegueiras que, para facilitar a montaxe e a organización, o Paseo do Malecón permanecerá cortado dende o luns 27 de xuño a primeira hora da mañá.

SORTEO DE STANDS E UBICACIÓN

Na xuntanza aproveitouse tamén para realizar un sorteo público de cara a coñecer a ubicación do stand de cada adega no Festival, sorteo que se levou a cabo mediante a extración do nome de cada adega dunha caixa habilitada para a ocasión.

Deste xeito, a orde foi a seguinte:

  1. Don Cosme
  2. Santa Mª de Nogueira
  3. Pilares de Belesar
  4. Condado de Sequeiras
  5. Malcavada
  6. Guímaro
  7. Tear
  8. Don Bernandino
  9. Peza do Rei
  10. Val da Lenda
  11. Rectoral de Gundivós
  12. Petrón
  13. Alma das Donas
  14. Abadía da Cova
  15. Rectoral de Amandi
  16. Gullufre
  17. Cruceiro
  18. Adega Vella
  19. Viña Vella
  20. Ciudáseis
  21. Lucenza
  22. Finca Cuarta
  23. Ponte da Boga
  24. Finca Millara
  25. Proencia
  26. Cividade
  27. Algueira

O Alcalde agradeceu aos adegueiros e ás adegueiras o seu compromiso e o interese en participar neste certame e estes amosaron a súa satisfacción pola volta do Festival do Viño tras dous anos de ausencia por mor da pandemia e agradeceron así mesmo o interese e dedicación do concello por retomar o evento vitininícola.

Festival do Viño 2022
Actividades paralelas do ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...