HomeTerra de LemosMonforteInaugurado o 'Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte'

Inaugurado o ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte’

Tras a actuación do grupo de baile tradicional 'Donaire', o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a benvida a autoridades, adegueiros, cidadáns e visitantes que estiveron presentes na inauguración, que tivo lugar este venres 1 de xullo ás 19:00 h. Por diante queda o sábado e a xornada matinal do domingo para gozar dos mellores viños e de actividades paralelas para todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No discurso inaugural de benvida o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, incidiu en que “este evento non pretende competir con ninguén, todo o contrario, pretende sumar e unir esforzos, poñendo o colofón ás magníficas Feiras do Viño que se celebran en varios concellos da Denominación de Orixe”.

Actuación do Grupo Donaire na xornada de inauguración do Recinto Feiral / XdL

Ademais de agradecer a presenza dos 27 adegueiros e adegueiras, salientou a importancia que ten o sector vitivinícola para a economía da comarca, un sector que compaxina tradición e innovación e que compite con calquera denominación do Estado español e tamén no eido internacional “como atestiguan os premios acadados nos eventos estranxeiros”.

Tras a benvida do Alcalde do Concello de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, tomou a palabra o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López. O escollido para exercer de pregoeiro do Festival destacou a importancia do viño ao longo de toda a historia e enxalzou a importancia económica do sector vitivinícola na D.O. Ribeira Sacra.

O reitor salientou tamén a aposta forte que a USC fai polos sectores primarios, agrario e gandeiro, a través do Campus Terra de Lugo, e reafirmou o seu compromiso de colaboración coa Deputación de Lugo, coa que colabora estreitamente en diversos proxectos a prol da provincia de Lugo.

Intervención do pregoeiro, Antonio López / XdL10

Tras a intervención do reitor da USC, a comitiva institucional conformada por diferentes autoridades provinciais e municipais da contorna, levou a cabo un percorrido polos diferentes postos presentes no Festival con brinde oficial conxunto incluído.

Foto de autoridades / XdL

FESTIVAL DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA E MONFORTE

Na edición deste ano participan 27 adegas da D.O. Ribeira Sacra, dúas máis que na última edición,  que ofrecen unha ampla variedade de viños nun recinto feiral moi ben deseñado e á beira do Río Cabe no coñecido Paseo do Malecón de Monforte.

Ambiente o venres 1 de xullo pola noite / XdL

O programa de actividades paralelas segue o modelo das anteriores edicións cunha oferta variada para satisfacer a todos os públicos. A intención é que o visitante viva unha experiencia gozosa e poida coñecer, ademais dos caldos desta Denominación de Orixe, a historia, tradición e cultura da Ribeira Sacra.

oferta complementaria ao viño para os/as que se acheguen estes días 2 e 3 de xullo a Monforte de Lemos é ampla e variada. Dende apuntarse ás “ViñoRutas” –Tel 611 533 271– para realizar viaxes organizados, coñecer a ‘viticultura heroica’ e descubrir a beleza dos ríos e das abas e bancais onde nacen os caldos da Ribeira Sacra, ata gozar da gastronomía e da música.

No recinto feiral haberá oferta gastronómica de produtos da comarca, obradoiros infantís –olería tradicional e taller sensorial–, contacontos con Brais e Anxo Moure e, como novidade este ano, talleres de iniciación á cata baixo o título “Descobre… Viños da Ribeira Sacra”.

Moi preto do recinto de expositores, na Praza de Santo Antón –onde a Casa do Concello– programáronse concertos as noites do venres 1 e do sábado 2 de xullo. O venres 1 actuou ás 23:00 o solista e compositor “Pol 3.14”  e este sábado actuarán ás 23:00 h. “Nova Galega de Danza e Rosa Cedrón”, participando xuntos dun espectáculo que leva por título Leira.

PROGRAMA DETALLADO

Actividades paralelas do ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...