HomeTerra de LemosMonforteAcendido do alumeado de Nadal en Monforte

Acendido do alumeado de Nadal en Monforte

O Alcalde, acompañado de parte importante do equipo de goberno, fixeron o 'acendido simbólico' da decoración lumínica deste Nadal. Serán 900.000 luces Led as que iluminen as rúas da cidade estimando o investido nuns 52.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cando anoitecía na cidade do Cabe, o alcalde de Monforte e varios Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno, procederon ao acendido oficial do alumeado de Nadal.

A foto dese momento foi na rúa do Cardenal, diante da gran árbore de 17 metros de altura e 6 de diámetro coa que, en palabras de José Tomé “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”.

Durante o acendido das luces tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de Bakucada Baturruka. O grupo de animación local fixo un percorrido dende a árbore de Nadal lumínica ata a praza de España, onde está situado outro elemento decorativo, o Paquete agasallo. Unha das principais novidades é a iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores faranse 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre.

INVESTIMENTO E COBERTURA DECORATIVA

Segundo informacións do goberno local, o investimento no alumeado de Nadal deste ano alcanza os 52.000 euros, o maior na historia de Monforte. En palabras do rexedor “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos as 900.000 luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, que serán 27 arcos máis que en 2021, pasando de 232 a 259”.

Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, das cales 4 son novas rúas, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte. O alumeado funcionará ata o domingo 8 de xaneiro de 2023, permanecendo en servizo 38 días.

MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO

Para contribuír co aforro enerxético, unha das medidas que se van activar será a redución do horario de encendido. No 2021 era de 18:30 a 3 da madrugada e este ano será de 18:30 a 1 da madrugada, dúas horas menos de gasto eléctrico.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...