HomeTerra de LemosMonforteO Hospital de Monforte pon en marcha o seu novo TAC

O Hospital de Monforte pon en marcha o seu novo TAC

O novo TAC foi adquirido grazas aos Fondos Europeos Next Generation.

Publicado o

- Advertisement -

O hospital comarcal de Monforte conta cun novo equipo de tomografía axial computerizada (TAC), adquirido pola Xunta por algo máis de 408.000 euros e que xa está en marcha. Con esta adquisición renóvase a tecnoloxía que prestaba servizo desde fai máis de dez anos neste centro.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa directora do hospital, Inmaculada Ramos, e membros do equipo directivo da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, visitou esta semana o equipo e ao persoal do servizo de radiodiagnóstico do hospital que xa comezou a traballar con este instrumento nestes días.

Este investimento englóbase dentro dos contratos de adquisición de nova tecnoloxía sanitaria adxudicados ao longo de 2022 polo Goberno galego por valor de máis de 67 millóns de euros, destinados a canalizar os fondos europeos Next Generation, de face á renovación do equipamento hospitalario.

O goberno galego tivo presentes as necesidades dos hospitais comarcais á hora de decidir o emprego destes fondos europeos e incluíu ao sete hospitais comarcais no contrato de renovación dos equipos de tomografía axial computerizada. Así, ao longo desde ano 2023, a Xunta completará a instalación de novos equipos TAC en todos os hospitais comarcais galegos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...