HomePolíticaMelloras da pasarela do barrio das Cruces en Monforte

Melloras da pasarela do barrio das Cruces en Monforte

Os arranxos prolongaranse durante un mes e será preciso cortar o paso de peóns a partir do luns 29 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

A próxima semana comezarán as obras de mellora da pasarela sobre as vías do ferrocarril entre o barrio de As Cruces e a rúa Calvo Sotelo.

Estes arranxos consistirán nunha detallada revisión da estrutura, a dotación dun novo firme, a reparación das varandas, a eliminación do óxido e o pintado daquelas zonas nas que sexa necesario.

A estimación é que os traballos se prolonguen durante un mes, para poder realizar axeitadamente todas as actuacións programadas. Por este motivo, a partir do luns, 29 de outubro, será preciso cortar o paso de peóns.

Unha vez que ADIF finalice as obras de mellora da pasarela, o concello procederá ó arranxo dos seus accesos para que resulte o máis cómodo posible ás persoas que empregan esta pasarela.  As obras de mellora correrán a cargo do ADIF

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...