HomeCultura12.000€ para subvencións a asociacións culturais de Monforte polas actividades desenvoltas no...

12.000€ para subvencións a asociacións culturais de Monforte polas actividades desenvoltas no 2023

A contía destinada a estas subvencións ascende a 12.000 euros, e o importe de cada subvención non poderá superar os 1.000 euros, nin o 70% do investimento subvencionable por cada anualidade. Unha vez sexan publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia, as asociacións interesadas terán 15 días hábiles para presentar as súas solicitudes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno de Monforte aprobou esta semana as bases das subvencións municipais destinadas a Asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas, sen ánimo de lucro e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, para actividades realizadas no exercicio 2023. Destínase unha partida de 12.000 euros. O prazo para xustificar as axudas será ata o 7 de decembro de 2023.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “o que pretendemos, con esta liña de axudas e apoiar actividades que son imprescindibles para o desenvolvemento cultural da nosa cidade, como son charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc.”.

Requisitos dos beneficiarios:      

  1. Carecer de ánimo de lucro.
  2. Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
  3. Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  4. Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  5. Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvencións públicas.
  6. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
  7. Para estas subvencións quedan excluídas Asociacións e Entidades Deportivas, así como aquelas que realicen actividades de carácter social, pois contan con liñas de axuda específicas.

A finalidade das axudas será contribuír ao financiamento de programas, proxectos ou actividades culturais levadas a cabo por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos no exercicio 2023.

Non serán subvencionables os gastos de reforma e acondicionamento de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro ou calquera outro gasto non relacionado co proxecto presentado. Así mesmo quedan excluídas desta convocatoria as axudas a festas patronais, comidas e eventos relixiosos.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...