HomeTerra de LemosMonforteO Concello de Monforte será acusación particular no caso de agresión sexual...

O Concello de Monforte será acusación particular no caso de agresión sexual a dúas mozas

O Consistorio confirma que foi informado polo inspector xefe da Policía Nacional de Monforte sobre este suceso ocorrido na contorna da gardaría municipal.

Publicado o

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Monforte de Lemos que se celebrará o vindeiro luns, 21 de agosto, acordará que o Concello se persone como acusación particular no caso dos dous mozos, de 17 e 18 anos, que o martes foron detidos por agredir sexualmente a outras dúas mozas de idades similares.

A través dun comunicado, o Consistorio confirma que foi informado polo inspector xefe da Policía Nacional de Monforte sobre este suceso ocorrido na contorna da gardaría municipal, tal e como confirmaban a Europa Press fontes coñecedoras do caso.

Seguidamente, as mozas acudiron ao servizo de urxencias do Hospital de Monforte, onde se activou o protocolo de atención médica, psicolóxica e policial que está establecido nestes casos.

Os supostos autores de ambas as agresións sexuais foron detidos horas despois, na mesma xornada do martes, e prevese que pasen ao longo deste mércores a disposición xudicial, un deles ante o xuíz de menores correspondente.

O goberno local que dirixe José Tomé manifesta, en nome de toda a Corporación, a súa “máis enérxica repulsa e condena por estes feitos tan lamentables” ocorridos durante unhas festas patronais que, a trazos xerais, transcorren “con total normalidade” e coa presenza de miles de persoas.

“O pobo de Monforte rexeita tajantemente calquera tipo de agresión e moi especialmente se se trata de agresións sexuais a mulleres. En Monforte non cabe ningún tipo de comportamento machista nin delitos contra a integridade e a liberdade sexual das mulleres, especialmente se son cometidos con menores de idade”, subliña o comunicado do Concello, que se pon a disposición das familias por se precisasen apoio legal, psicolóxico ou doutro tipo.

Neste contexto, o goberno local tamén agradece expresamente “o traballo e a rapidez” coa que actuou a Policía Nacional o martes para localizar e deter aos presuntos responsables desta agresión sexual.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...