HomeTerra de LemosMonforteCinco feridos nunha colisión frontal na N-120 na altura do concello de...

Cinco feridos nunha colisión frontal na N-120 na altura do concello de Monforte

No operativo de emerxencias participaron, ademais do persoal sanitario e dos Bombeiros de Monforte, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de municipio, e os servizos de mantemento da estrada.

Publicado o

- Advertisement -

Cinco persoas resultaron feridas nunha colisión frontal entre dous vehículos na estrada N-120, ao seu paso polo municipio lucense de Monforte de Lemos.

Segundo detallou o 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 13,30 horas deste domingo no punto quilométrico 524 desta vía. Un particular púñase en contacto coa central de emerxencias para alertar de que acababa de presenciar un accidente con dous vehículos implicados na saída dun polígono industrial situado na parroquia de Piñeira.

Os Bombeiros de Monforte excarceraron a catro persoas. Dous delas tiveron que ser evacuadas no helicóptero medicalizado do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con base en Ourense.

No operativo de emerxencias participaron, ademais do persoal sanitario e dos Bombeiros de Monforte, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de municipio, e os servizos de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...