HomesociedadeO Concello de Monforte persoarase no caso das mozas presuntamente agredidas sexualmente...

O Concello de Monforte persoarase no caso das mozas presuntamente agredidas sexualmente na localidade

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou este luns de que a Xunta de Goberno acordou que o Concello se persone como acusación popular no caso das dúas mozas presuntamente agredidas sexualmente na madrugada do martes pasado na localidade.

Publicado o

- Advertisement -

Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou este luns de que a Xunta de Goberno acordou que o Concello se persone como acusación popular no caso das dúas mozas presuntamente agredidas sexualmente na madrugada do martes pasado na localidade. 

Tal e como indicara o alcalde no comunicado remitido aos medios e aos cidadáns de Monforte o pasado 16 de agosto, a intención do goberno municipal era a de personarse como acusación popular, co obxectivo de que “caia sobre os presuntos culpables, todo o peso da lei”.

Deste xeito, o rexedor deu traslado aos servizos xurídicos da Deputación de Lugo, que presta este tipo de servizos ao Concello monfortino, para que leve a cabo as xestións e accións necesarias para exercer como acusación popular neste caso, que está en mans do Xulgado e da Policía Nacional.

Dous mozos, un maior de idade e outro menor, foron detidos a semana pasada acusados de agredir sexualmente a dúas mozas menores, durante as festas de localidade.

O alcalde monfortino expresou que os veciños da localidade “rexeitan taxativamente calquera tipo de agresión e moi especialmente se se trata de agresións sexuais a mulleres”. “En Monforte non cabe ningún tipo de comportamento machista nin delitos contra a integridade e a liberdade sexual das mulleres, especialmente se son cometidos con menores de idade”, apuntou.

Finalmente, o Concello está a disposición das familias “para axudarlles a superar este momento tan difícil, prestando se fose necesario, apoio legal, psicolóxico ou doutro tipo que precisen”.

ÚLTIMAS

Raquel Arias: “Todos os concellos que solicitaron Atención Temperá contan con axuda da Xunta”

Raquel Arias manifestou que “apostar pola atención temperá é fundamental para identificar e para...

A Conselleira de Medio Rural pon en valor na Pobra do Bollón as axudas para o fomento do castiñeiro

A conselleira salientou que o orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación...

Concerto do acordeonista Juan Matías o 18 de maio en Sober

O acordeonista, Juan Matías, ofrece o sábado un concerto en Sober, ás 20:00 horas...

Por Chantada demanda indemnizacións para propietarios de edificios con niños de cegoña

Por Chantada - Interior Galego Vivo lembra que nos últimos anos retiráronse niños en...