Homesociedade"Paremos o xenocidio na Palestina", Mar de Lumes convoca concentración en Monforte...

“Paremos o xenocidio na Palestina”, Mar de Lumes convoca concentración en Monforte o día 22 de outubro

"Mar de Lumes", organización sen fins de lucro que promove a solidariedade e a conciencia social en temas globais, convoca esta concentracion en Monforte de Lemos e outras 15 localidades galegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización “Mar de Lumes” vén de anunciar a convocatoria dunha concentración en solidariedade co pobo palestino. Este evento levarase a cabo o vindeiro domingo, 22 de outubro, ás 12:00 horas na Praza de España de Monforte de Lemos. Baixo o lema “Paremos o xenocidio na Palestina”.

A situación en Palestina é motivo de preocupación a nivel global, os bombardeos e ataques das últimas xornadas de Israel conta a Faixa de Gaza “que xa deixan milleiros de cidadáns palestinos falecidos e moitos máis feridos provocaron mobilizacións en todo o mundo e unímonos á voz de quen desexa expresar o seu apoio á causa palestina. A concentración é un chamado á solidariedade, á paz e a xustiza na rexión”, sinalan os promotores.

“Mar de Lumes” convida á cidadanía de Monforte e da comarca interesada en mostrar o seu apoio para unirse a esta concentración. Procederase á lectura dun manifesto, por persoas simpatizantes coa causa para expresar a solidariedade con Palestina.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...