HomesociedadeTomé enxalza en Fitur a presidencia do Concello de Monforte na Red...

Tomé enxalza en Fitur a presidencia do Concello de Monforte na Red de Juderías

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, están en Fitur para a promoción turística e cultural da cidade de Monforte e da Ribeira Sacra. Hoxe ademais tivo lugar o traspaso da capitalidade da Red de Juderías, que a cidade de Monforte ostentou en 2023, sendo o seu Presidente, José Tomé Roca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presidencia da Red de Juderías deixa de ser do concello de Monforte e pasa ó de Plasencia, sendo o novo presidente da Red o seu alcalde, Fernando Pizarro García-Polo. O alcalde monfortino salientou que “foi un reto enorme asumir a presidencia da Red de Juderías en 2023, foi a primeira vez que a nosa cidade acolleu a presidencia da Red, dende que ingresamos nela en 2001”.

Durante a súa presidencia Tomé desenvolveu a organización da 63ª Asemblea da Red de Juderías “que celebramos en Monforte o 26 e 27 de outubro, a cal foi todo un éxito en canto a participación, co 70% dás cidades membro presentes, e tamén un éxito en canto ós acordos adoptados”. Outro dos retos que se marcou José Tomé como presidente da Red foi promocionar e dar a coñecer Monforte e a Ribeira Sacra, algo que se levou a cabo especialmente no transcurso da Asemblea xeral celebrada en outubro.

Dentro das actividades de promoción da Rede, unha das máis relevantes posta en marcha en 2023 foi o novo Portal Turístico traducido a tres idiomas: castelán, portugués e inglés, orientado a buscar a difusión internacional.

ÚLTIMAS

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...