HomeSucesosDúas persoas intoxicadas en Monforte pola mala combustión dunha cociña

Dúas persoas intoxicadas en Monforte pola mala combustión dunha cociña

As dúas persoas intoxicadas foron evacuadas en estado grave ao Hospital da Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A última hora da tarde deste venres 16, na zona da Florida, en Monforte, dúas persoas intoxicadas por acumulación de monóxido de carbono no interior da súa vivenda, foron atopadas inconscientes por un equipo de 061.

Os dous ocupantes da vivenda foron evacuados de inmedianto ao centro hospitalario de referencia. Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Monforte, que tras unha inspección no interior da casa, comprobaron que a acumulación de gases produciuse pola mala combustión dunha cociña de carbón. Nestas tarefas colaboraron, ademais, os axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...