HomesociedadeComo gañar 3150 € para gastar en 7 horas no comercio local...

Como gañar 3150 € para gastar en 7 horas no comercio local de Monforte?

O 1 de abril o Centro Comercial Urbano de Monforte pon en marcha a segunda edición do "Rally do comercio", unha actividade que servirá para dinamizar o comercio local co incentivo de participar no sorteo de 3.150 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Rally do Comercio é unha campaña de dinamización comercial organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos en colaboración con 35 establecementos asociados da cidade que son os seguintes: Ortopedia Buitron, Mercería Carmen, Da Nosa Terra, Librería Agrasar, FYM Moda, Cactus Rose, Carpe Diem, Cova do Xacio, Joyería Domingo, Raúl e hijos, Wellness Area, Os Fedellos Monforte, Los Sueños de Uxía, Óptica de la Peña, Trivoli, Sabrina Moda, Terras de María Castaña, Intima’s Lencería, Chus Boutique, Librería Entrelibros, Bazar Lago, Neumáticos Novoa, Alain Afflelou, Joyería Camilo, Calzados Kukin, Nayades, Apisacra, Lambetadas, Fiesta Globos, Imprenta Fénix, A Tenda das Viandas, Infocopy, Carnicería Victor Manuel, Ferretería Arandelas e Mercería Amarita.

SORTEO DUN PREMIO ÚNICO DE 3.150€ EN COMPRAS

O “Rally do Comercio” é unha actividade que convida a participar nun sorteo no que están en xogo 3.150 €. Só se precisa mercar nos 35 establecementos participantes entre o 1 e o 25 de abril de 2024, depositar os tickets de compra cos datos persoais nas urnas habilitadas a tal efecto e participar no sorteo presencial que se realizará o xoves 25 de abril ás 21:00 horas na Praza de España. Esta é a mecánica do concurso-sorteo estando as bases íntegras ao detalla na propia páxina do CCU de Monforte para a súa consulta.

A persoa que resulte gañadora terá 7 horas para gastar o premio, o importe económico de 3.150 €, nos establecementos participantes durante o venres 26 de abril de 2024.

ÚLTIMAS

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...