HomesociedadeA comezos de maio rematarase a estrada provincial que une Monforte e...

A comezos de maio rematarase a estrada provincial que une Monforte e Bóveda por Ribas Pequenas

A empresa adxudicataria -Francisco Gómez y Cía- está traballando estes días no tramo que vai do lugar da Carballeda, desde o enlace coa estrada LU-P-3202 na parroquia de Fiolleda, cara o acceso á Finca de Tor. Un treito que afecta tamén ás aldeas de Pol, Carrouba e Tor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana o Presidente da Deputación, José Tomé, visitou as obras de mellora que a institución provincial está acometendo na estrada LU-P-0901, que une Bóveda e Monforte pola parroquia de Ribas Pequenas, cun investimento de 120.000€. Os traballos de acondicionamento afectan a un tramo que vai do punto quilométrico 8,319 ao 10,709, no límite municipal entre ambos concellos.

O proxecto está xa na fase de aglomerado e rematará previsiblemente en maio se as condicións meteorolóxicas o permiten. Consiste na apertura de cunetas, eliminando a vexetación e a terra sobrante; no aumento da lonxitude da cuneta en 15 metros e medio; na pavimentación do firme cunha capa de aglomerado en quente; e na reposición da sinalización horizontal mediante o pintado con marcas reflexivas brancas.

As obras, que empezaron a finais de marzo, avanzan a bo ritmo, destacou o Presidente. Rematouse o estendido de aglomerado e, na próxima semana, poderán comezar os traballos de pintado da vía. Tendo en conta que o prazo de execución é de de mes e medio, a actuación terá que estar rematada a principios de maio.

O Presidente subliñou a importancia destas obras acometidas pola Deputación, pois a estrada LU-P-0901 une os concellos de Monforte e Bóveda, comunica media ducia de parroquias (Fiolleda, Baamorto, Tor, Gullade e San Xillao de Tor), e dá servizo á finca e ao Museo Pazo de Tor, recursos propiedade da institución provincial.

José Tomé destacou así mesmo que esta nova actuación forma parte da actividade continua que desenvolve a Deputación de Lugo para mellorar a mobilidade no conxunto da provincia a través dun esforzo investidor que incrementou nun 42% dende que está á fronte da institución provincial. De feito, dende o ano 2019, a Deputación destinou 34,6M€ á mellora da rede viaria provincial, que é a máis extensa de toda España e tres veces maior ca da Xunta de Galicia en Lugo.

O acondicionamento da LU-P-0901 súmase ás que a Deputación acometeu para mellorar as vías de acceso á Finca de Tor, acondicionando a LU-P-2107 que une Monforte de Lemos con Tor, e unha nova construción de 600 metros para conectar coa pista existente que accede ao Pazo cun investimento total da Deputación de 480.000€. Ademais, a institución provincial actuou na LU-P-3202, que conecta coa LU-P-0901 e comunica Monforte e Currelos, unha estrada á que leva destinado en total un investimento de 800.000€.

ÚLTIMAS

Horario do bus urbano de Monforte os días 5 e 9 de decembro

O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do...

O xulgado arquiva a denuncia por violación grupal nun pub de Sarria

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria decretou...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...

Festival solidario cos afectados pola Dana este 13 de decembro no pavillón do IES Río Cabe de Monforte

Este evento parte da iniciativa do alumnado do IES Río Cabe para crear unha...