HomeDeportesOs mellores deportistas de Monforte no 2023 reciben os seus recoñecementos

Os mellores deportistas de Monforte no 2023 reciben os seus recoñecementos

Fóra de concurso fixéronse recoñecementos ó Club Lemos e ó Club Arenas, por cumprir os 100 anos de existencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acollía este xoves pola tarde a Gala do Deporte 2024 na que se rendeu homenaxe ós mellores deportistas monfortinos do ano 2023

En total, foron 34 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e clubs do ano 2023 o que supón unha das edicións con maior número de candidaturas presentadas, dúas máis que na pasada edición.

Cun salón de actos ateigado de deportistas e familiares, o acto, conducido por Manola Porto, plasmou a homenaxe e o recoñecemento a diversas persoas e entidades relacionadas co deporte local. Os gañadores e gañadoras da 9ª Gala do Deporte de Monforte foron os seguintes:

  • Mellor deportista absoluto masculino do ano 2023: Marco García Martínez (Taekwondo)
  • Mellor deportista absoluta feminina do ano 2023: Laura Álvarez Suárez (Taekwondo)
  • Mellor deportista promesa masculino: do ano 2023 Jherson Arturo García Mota (Baloncesto)
  • Mellor deportista promesa feminina do ano 2023: Alicia Castro Regal (Taekwondo)
  • Mellor adestrador/a do ano 2023: José María Vega Sánchez (Taekwondo)
  • Mellor árbitro/a do ano 2023: Carlos Suñer Díaz (Natación)
  • Club máis destacado do ano 2023: Club Korbis
  • Mellor equipo de categoría absoluta: Club Natación Monforte
  • Mellor equipo de categoría de base do ano 2023: Club Korbis
  • Premio á deportividade e xogo limpo do ano 2023: C.B. Val de Lemos

Na súa intervención, o alcalde, José Tomé, destacou que “nestes últimos tempos, en Monforte temos o privilexio de poder contar cunha xeración de grandes deportistas, e afortunadamente a colleita segue medrando, motivo polo que nos debemos sentir moi orgullosos”.

O Alcalde resaltou os bos resultados acadados en varias modalidades deportivas, salientando que “raro é a fin de semana que non abramos os xornais e atopemos a un monfortino ou monfortina cunha medalla colgada do peito ou cun trofeo de campión”.

O rexedor municipal tamén salientou a aposta decidida que dende o Concello se leva facendo dende que Tomé Roca accedeu á alcaldía no 2015: “Colaboramos moi estreitamente para que os clubs e os deportistas realicen as actividades deportivas nas mellores condicións posibles. Mostra disto é o noso compromiso co deporte nestes 9 anos que levo como Alcalde, onde as axudas ós clubs subiron notablemente en relación co que viñan percibindo, complementado coas axudas ós deportistas individuais e a clubs en campionatos”.

Así, José Tomé salientou que o Equipo de Goberno, nos orzamentos do presente ano 2024, incrementou as axudas ós clubs superando os 117.000€ nas axudas que destinamos ós clubs. Mantéñense tamén as axudas para deportistas individuais con 10.000€, e a subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais, posta en marcha polo Alcalde en 2022, alcanza os 12.000€.

Por outra banda, o Executivo de José Tomé puxo en marcha actuacións como a reforma dos campos de fútbol de herba artificial. “Pero sen dúbida a actuación máis destacada foi a reforma integral do pavillón polideportivo da Pinguela, que supón que hoxe contemos cun pavillón novo que é moi ben valorado por todos aqueles deportistas que xa o utilizaron, tanto os monfortinos como os que veñen doutras partes de Galicia, España e de outros países”.

Un pavillón no que o Concello investiu 4 millóns de euros, e que conta cunhas instalacións deportivas máis modernas, máis adecuadas para  todo tipo de eventos deportivos, máis respectuosas co medio ambiente.

Do mesmo xeito, o Alcalde recordou que no mes de outubro está previsto que comecen as obras de reforma da Piscina municipal climatizada da Pinguela, que será totalmente renovada, e que darán como resultado unha piscina practicamente nova, na que o Executivo de José Tomé máis de 2 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...