O PP de Monforte asegura que os problemas coa rede de abastecemento de auga potable en Monforte seguen a ser, “tristemente”, noticia e, nesta ocasión sendo as parroquias do rural as afectadas por un novo corte no subministro na madrugada do mércores 24 ao xoves 25 e que o venres aínda se mantiñan.
A voceira popular, Katy Varela, afirma que “xa non atopamos cualificativos para esta situación” porque “José Tomé é coñecedor dos problemas que hai en Monforte co abastecemento e o seu balance é que non fixo nada por solucionalos”.
“Todos os veráns temos o mesmo problema” denunciou Varela, que sinala que nestes meses a presión de auga diminúa “sendo as parroquias do rural as principais afectadas”.
Unha situación que se produce en plena vaga de calor (na comarca están a alcanzarse os 38º) o que “acentúa aínda máis os problemas xa que a auga é un ben de primeira necesidade”.

