HomesociedadeO IES Daviña Rey fomenta a creatividade tecnolóxica participando na 'Liga Maker...

O IES Daviña Rey fomenta a creatividade tecnolóxica participando na ‘Liga Maker Drone’

A competición, na que se xuntan 18 centros de toda Galicia, está organizada pola Fundación Barrié e o ITG Centro Tecnolóxico de Galicia. O obxectivo desta actividade é achegar a tecnoloxía ao alumnado de xeito ameno e motivador.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O IES Daviña Rey de Monforte de Lemos participa por cuarta vez na Liga Maker Drone, unha competición na que se xuntan 18 centros de toda Galicia para estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía deseñando un dron dunhas características concretas que se adapten a unha necesidade. A organización corre a cargo da Fundación Barrié e o ITG Centro Tecnolóxico de Galicia.

A liga que participan os diferentes centros de ensino finalizará en maio no Coliseum da Coruña coa presentación da solución ao reto para o dron proposto polos organizadores por parte de cada centro participante. Na competición será moi importante a habilidade do condutor do dron e as indicacións do seu copiloto, pero tamén todo o traballo do equipo de compañeiros/as que coas súas ideas van deseñando e poñendo a punto o dron co que tentarán superar o reto.

COMEZO DA COMPETICIÓN E RETO PROPOSTO

O pasado mércores 30 de outubro, os alumnos e alumnas de 2º ESO: David, Martiño, Luis, Emma, Carlos, Antón, Javier e Hugo, acompañados do seu profesor de tecnoloxía, Pablo Blanco Quiroga, acudiron á presentación e inicio da Liga. Nesta xornada, participaron en diversos obradoiros tecnolóxicos e ao final foilles desvelada a proba raíña deste ano: transportar medicamentos con dron a puntos dunha montaña de difícil acceso. Os rapaces/as deberán pensar e deseñar o mecanismo que lle implementarán ao dron para recoller caixas de medicamentes que despois terán que ser depositadas nun lugar indicado a unhas certas alturas.

Xornada de presentación e inicio da Liga Maker Dron. Foto: IES Daviña Rey.

Contarán de prazo ata o día 22 de maio de 2025 para facer de enxeñeiros/as e buscar unha solución ao problema dado en función dunhas pautas: peso do dron, características dos medicamentos, alturas dos puntos de entrega…

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...