HomeTerra de LemosMonforteSupenden por segunda vez o xuízo contra o acusado de apropiación indebida...

Supenden por segunda vez o xuízo contra o acusado de apropiación indebida nunha empresa de Monforte

Este home exerceu como administrador concursal entre os anos 2012 e 2017. Durante ese tempo, presuntamente, retirou varios pagos ao seu favor por un importe total de 149.875 euros

Publicado o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo suspendeu este venres, por segunda vez nun mes, o xuízo contra un home que está acusado de apropiación indebida mentres exercía de administrador concursal nunha empresa de Monforte de Lemos.

Nesta ocasión, houbo acordo das partes para iniciar un proceso de negociación e chegar a un acordo, que esperan concluír nos próximos días, para facelo oficial nunha próxima sesión.

A incomparecencia do acusado, para o que se piden cinco anos de cárcere, foi a razón da primeira suspensión, o pasado día 4 de febreiro, que foi xustificada polo seu avogado alegando problemas de saúde, razón pola que se fixou naquel momento para este venres.

Este home exerceu como administrador concursal entre os anos 2012 e 2017. Durante ese tempo, presuntamente, retirou varios pagos ao seu favor por un importe total de 149.875 euros, dos que habería que descontar os seus honorarios, polo que se lle reclama a devolución de 112.893 euros á empresa, que xa ten actividade.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...