HomeTerra de LemosMonforteMonforte viviu un gran 'Martes de Entroido' con moita participación e público

Monforte viviu un gran ‘Martes de Entroido’ con moita participación e público

O desfile e concurso de Comparsas e Disfraces contou con máis de 1.300 participantes, xente que sumada a veciños e visitantes fixeron que se ateigaran as rúas monfortinas e a Compañía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha tarde espléndida no climatolóxico axudou a crear un gran ambiente participativo e festeiro en Monforte para facer deste ‘Martes de Entroido’ un día espectacular, coa participación de moita xente no desfile e nas rúas seguindo o mesmo ata a súa chegada á Compañía.

A participación tiña este ano un atractivo engadido, pois nesta edición incrementáronse os premios en 4.000 € facendo que a dotación deste ano fora a maior ata o momento segundo fontes do concello. O Alcalde comentaba que esta medida fixo aumentar a participación contribuíndo tamén “ao impulso económico” de Monforte pois “esta celebración reúne na cidade a un número importantísimo de persoas tanto de aquí como de fora que visitan Monforte para desfrutar dunha posta en escena divertida e colorista, na que non pode faltar a crítica e o bo humor”.

Parodia de TRUMP. Foto: M.M.

Para o concurso deste 2025 o Concello estableceu dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. Polo Concello de Monforte anotáronse, nas diversas categorías de comparsas, 15 colectivos; e nas categorías individuais de 1 a 3 compoñentes houbo 11 inscricións. De concellos de fóra de Monforte anotáronse 14 comparsas diferentes provintes de concellos tanto da provincia de Lugo, en concreto: Sober, Sarria, O Saviñao e Pobra de Brollón; como doutras provincias, concretamente: Nogueira de Ramuín, Ourense ou Ferrol.

Recicleitor e o seu dragón da reciclaxe. Foto: M.M.
O DESFILE

O Desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezou ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorreu as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Praza Ponte Fontecha, rúa Compañía, e finalizou na explanada fronte o Colexio de Nosa Señora da Antiga. Neste punto final, a concelleira de Cultura, Marina Doutón –disfrazada de ratiña presumida– deu a coñecer aos ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluíu coa actuación da Orquestra Suavecito.

O Alcalde e o resto do Equipo de Goberno felicitaron aos premiados e agradeceron a todos os e as participantes o esforzo que fixeron para a realización das súas propostas e animan aos veciños a seguir participando nas actividades organizadas polo Concello que se desenvolven na cidade.

RELACIÓN DE PREMIADOS/AS

Comparsas de fora de Monforte, 1 a 3 compoñentes:

3º- Dende a Alameda ata a Compañía chegan as dúas Marías, Sober, 150€

2º- La canción del Colacao, Sarria, 200€

1º- Recicleitor e o seu dragón da reciclaxe, Sober, 250€

Comparsas de fóra de Monforte, 4 a 24 compoñentes:

3º- A bruxa do Condado, co feitizo preparado, Ferrol, 300€

2º- Nadar por eiquí, nadar por alí, Cereixa, A Pobra do Brollón, 400€

1º- O Barraquillo, Sarria, 500€

Comparsas de fora de Monforte, máis de 25 compoñentes:

3º- Ribeiraos de Bolmente, Asoc. Veciños Bolmente, 300€

Ribeiraos. Foto: M.M.
Ribeiraos. Foto: MM.

– Píde un desexo … en Sober, Anpa Virxe do Carme de Sober,  450€

1º- Asun Feiros, Anpa Colexio Asunción de Sarria, 600€

Premio ao mellor humor: Carude cousa nosa, Comparsa Barrio Carude, 300€

Premio á posta en escena: Al son del Torre de Lemos, Colexio Torre de Lemos, 300€

Premio crítica de actualidade: X. Héctor Manuel Díaz López, 300€

Premio mellor música en vivo: Tukupá, Asoc. Battuere, 300€

Premios ás carrozas:

Accésit.- Voda “Low Cost”, Asociación PRODEME, 100€

Voda Lowcost (Prodeme). Foto: M.M.

Accésit.-  Tic-Tac, ANPA A Lagoa Ceip Monforte -Colexio Novo, 100€

Tic-Tac (Colexio Novo). Foto: M.M.

Accésit.- A cuncha bota fume, Corredoira, 100€

3º.- Chegaron os que faltaban, Campo San Antonio, 450€

2º.- Dragones de Lemos, Grupo De Amigos Barrio De Cobas, 600€

1º.- Memorias del Titanic, As. Cult. Os Xograres de Lemos, 800€

Memorias del Titanic (Xograres de Lemos). Foto: M.M.

Individual infantil, 1 a 3 compoñentes:

2º- Super maquinista del futuro, Manuel López Rodríguez, 150€

1º- Mi amigo el zombi y yo, Leo Salgueiro, 200€

Comparsas infantil, de máis de 4 compoñentes:

1º- Ribeira Sacra Fest Junior, 500€

Individual adulto, 1 a 3 compoñentes:

Accésit- Los chocolates del Tirol, Luisa Astray, 100€

3º- Como che cambiou o Conto!!!, Adelina Deus González, 150€

2º- El Faraón y la princesa Cleopatra, Mª Rocío Rodríguez Gonda 200€

2º- Robots, Julio César Gómez Pérez, 200€

1º- María Antonieta y su Corte, Víctor Monserrat Prats, 300€

Comparsas entre 4 e 24 compoñentes:

3º- As medusas máxicas do Sil, 300€

2º- Tukupá, Asoc. Battuere, 400€

1º- Ribeira Sacra Fest, 500€

Comparsas entre 25 e 50 compoñentes:

2º- A cuncha bota fume, Corredoira, 500€

1º- Dragones de Lemos, Grupo De Amigos Barrio De Cobas, 700€

Dragones de Lemos. Foto: M.M.

Comparsas entre 51 e 90 compoñentes:

Accésit- Nimbawa, Clube Quicela Ximnasia Rítmica, 300€

Accésit- Al son del Torre de Lemos, Colexio Torre de Lemos, 300€

3º- Chegaron os que faltaban, Campo San Antonio, 400€

3º- Memorias del Titanic, As. Cult. Os Xograres de Lemos, 400€

2º- Tic-Tac, ANPA A Lagoa Ceip Monforte -Colexio Novo, 550€

2º- Mundo Rabbit, Colexio Ferroviario, 550€

1º- Voda “Low Cost”, Asociación PRODEME, 800€

Comparsas de máis de 90 compoñentes:

2º- Carude cousa nosa, Comparsa Barrio Carude, 1.000€

1º- O rebaño de Celia, ANPA CEIP A Gándara, 1.500€

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...