Homesociedade'Rompendo a Lei do Silencio', unha charla impactante sobre o acoso escolar...

‘Rompendo a Lei do Silencio’, unha charla impactante sobre o acoso escolar de Iñaki Zubizarreta

A iniciativa partiu da Asociación Cultural Aulaberta, entidade que organizou o encontro no Multiusos de Monforte para os Institutos da cidade e doutros concellos da contorna. Tivo lugar o xoves 24 de abril e houbo dous pases, un ás 10:00 e outro ás 12:00 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A entidade cultural monfortina Aulaberta vén de organizar unha moi interesante conferencia na que o protagonista, o ex-xogador de baloncesto vasco Iñaki Zubizarreta, explicou a súa traumática infancia marcada polo acoso escolar e un ambiente familiar complexo.

A charla estivo dirixida aos rapaces dos centros educativos de Monforte e da contorna trasladándolles, con dureza e sen panos quentes, algúns dos episodios de acoso físico e psicolóxico que sufriu no ámbito escolar e tamén a súa decepción respecto da comunidade educativa (mestres e alumnado) vendo que esta non tomaba partido para atallar os abusos e as vexacións.

Zubizarreta explicaba, entre outras cousas, que o branco dos e das persoas que acosan pode ser calquera. De feito, no seu caso, de pouco lle serviu ser máis alto e mangallón para fuxir do bullying (con 11 anos xa superaba o 1,80 cm); ao contrario, ser diferente aos demais provocou que o escolleran a el para insultalo e humillalo.

Iñaki Zubizarreta no Multiusos de Monforte / XdL

A iniciativa tiña como obxectivo explicarlles á rapazada a súa historia de sufrimento, de extrema dor, pero tamén de superación. Chegando a estar a piques do suicidio nun cantil de Getxo (localidade preto de Bilbao na que vivía), foi quen de recuar para dar un xiro á súa vida. Despois, en gran medida grazas ao deporte, foi superando o trauma e alcanzou unha carreira profesional de gran éxito na élite do baloncesto nacional xogando en varios equipos da liga ACB. Paradoxicamente, a súa extraordinaria altura, cualidade que o facía diferente e motivo de rexeitamento dos seus compañeiros, axudoulle a convertirse nun exitoso deportista. A partir desta experiencia publicou as súas vivencias e historia de superación nun cómic, “Subnormal, una historia de acoso escolar”, e ofrece charlas en centros escolares, asociacións, clubes deportivos, etc para visibilizar este problema social e concienciar á sociedade.

FELICITACIÓNS DA TENENTE DE ALCALDE DE MONFORTE

Gloria Prada, que tivo ocasión de falar con Zubizarreta, felicitouno pola labor tan importante que está a facer de divulgación cos máis pequenos e pequenas e lembroulles aos presentes na charla un dos puntos tamén que tratou o protagonista. Ese punto foi facer fincapé na importancia que ten denunciar e pedir axuda en casos como este, aseverando ademais que iso non é considerado como un signo de debilidade senón de valentía, xa que todos merecemos respecto.

A Tenente Alcalde fixo extensiva a felicitación á Asociación Cultural Aulaberta pola iniciativa, agradecendo que se puxeran en contacto co Concello para colaborar coa mesma, xa que unha das preocupacións do Equipo de Goberno é “velar polo benestar tanto dos máis pequenos como das persoas maiores, por ser os sectores máis vulnerables da sociedade”.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...