HomeTerra de LemosMonforteAbsolven o administrador concursal acusado de apropiación indebida nunha empresa de Monforte

Absolven o administrador concursal acusado de apropiación indebida nunha empresa de Monforte

A fiscal pedía para este home, de idade avanzada e con problemas de saúde, cinco anos e sete meses de prisión, ademais do pago dunha multa de preto de 4.000 euros e a devolución do diñeiro á empresa concursada, que estaba situada en Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O administrador concursal acusado de apropiación indebida, xulgado o pasado mes de marzo en Lugo despois de varios adiamentos, foi absolto pola Audiencia Provincial “porque a culpabilidade non quedou debidamente acreditada”, tal e como sinala a sentenza, polo que prevalece a presunción de inocencia.

A fiscal pedía para este home, de idade avanzada e con problemas de saúde, cinco anos e sete meses de prisión, ademais do pago dunha multa de preto de 4.000 euros e a devolución do diñeiro á empresa concursada, que estaba situada en Monforte.

O xuízo contou no seu momento cunha única testemuña, o administrador concursal que tomou posesión despois do cesamento do acusado e que foi tamén responsable do iniciar a investigación a través dun informe de revisión do estado de contas. A súa comparecencia alongouse durante máis dunha hora para responder as preguntas tanto da fiscal como da defensa e tamén da xuíza, que interveu para poder aclarar varios puntos dunha investigación “moi complexa”.

A sentenza recoñece que o home acusado exerceu como administrador concursal neste caso, en concreto entre os anos 2012 e 2017. Tamén se indican varios pagos ao seu favor por un importe total de 149.875 euros mediante transferencias ou cheques nominativos ou ao portador, pero o tribunal considera que “non quedou debidamente acreditado que, durante o período en que o Xulgado Mercantil mantívolle como administrador concursal, o acusado apropiouse ou distraese algunha cantidade indebida ou non xustificada”.

Xa durante o xuízo, a desorde contable levou á fiscal a modificar as súas conclusións, rebaixando a devolución ata 91.000 euros. A sentenza apoia a liña de acusación que presentou a Fiscal, pero recoñece que, ademais dunha “contabilidade caótica” en todo o proceso, “non hai indicios suficientes de que o acusado só tivese dereito a percibir as cantidades correspondentes a un ano de liquidación” polo que, ante a dúbida, declararon a súa libre absolución.

Que o concurso se prolongase tanto no tempo, ata o cinco anos, foi outro dos temas que se valoraron para a sentenza, e explicouse no seu momento que foi debido a que se traballaba a venda de dúas leiras, unha operación que nunca chegou a completarse. Fundamentan a decisión xudicial tamén no feito de que o Xulgado do Mercantil non requirise ao acusado ningún tipo de explicación achega do motivo polo cal se estaba prolongando a liquidación, “máis aló de apuntar a testemuña e tamén o propio acusado, que adoitaba existir unha comunicación verbal co órgano xudicial”.

Pola súa banda, o acusado xustificou a súa xestión durante o proceso explicando que a situación se foi alongando no tempo debido aos problemas de prazos e diferentes xestións, e asegurou descoñecer moitos dos pagos, “que se fixeron a través doutra xente que era de confianza”.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...