HomeTerra de LemosMonforteInaugurada a 25ª edición da Mostra Artelemos

Inaugurada a 25ª edición da Mostra Artelemos

Foi na tarde do pasado venres 1 de agosto, na Rúa do Cardeal, e coa presenza do Alcalde e concelleiros do Equipo de Goberno e doutras formacións políticas da corporación municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 1 de agosto quedou inaugurada a Mostra de Artesanía Artelemos coa presenza de autoridades locais e a actuación musical do Grupo Municipal de Gaitas e Danza do Concello de Monforte. Poderase visitar na Rúa Cardeal ata o mércores 6 de agosto e convértese, como cada ano, na antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do Programa Cultural de Verán do Concello.

En Artelemos 2025 participan, segundo vén de informar o Concello de Monforte, 35 profesionais da artesanía, cinco máis que na última edición, sendo o número máis alto de participantes ata o momento. Os artesáns e artesás presentes proceden da Comarca de Lemos e tamén doutros puntos de Galicia e de España.

Ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns respecto á edición do ano 2024, dende o Equipo de Goberno decidiu aumentar un día máis de celebración e tamén o horario de apertura dos stands con respecto a anos anteriores, pasando a apertura na xornada de tarde ás 17:00 horas en lugar das 6 da tarde como era habitual. O horario de actividade con apertura dos postos será pola mañá de 10 a 14 horas, e pola tarde de 17 a 22 horas. No que respecta ás demostracións, estas desenvolveranse de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.

Artelemos 2019 / Concello de Monforte
ARTELEMOS, UN DESTACADO ESCAPARATE DA ARTESANÍA NA RIBEIRA SACRA

“Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais”, aseguran dende o Concello de Monforte.

“Con esta Mostra”, sinala o Alcalde, “contribuímos á dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

En Artelemos pódense atopar, entre outras disciplinas ou artes, as seguintes: ourivaría, cestería, coiro, vidro, olería de Gundivós, cerámica, papel e madeira. Esta cita preséntase, en definitiva, como unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns e as artesás participantes contan con acreditación profesional.

O programa ao detalle está publicado na web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...