HomeDeportesSara Inés Varela e Xoel Fernández, 'tricampións' de España de piragüismo co...

Sara Inés Varela e Xoel Fernández, ‘tricampións’ de España de piragüismo co Club Quixós

As xóvenes promesas acadaron as 6 medallas no 'Campionato de España de Slalom, Kayak Cross e Descenso de Augas Bravas 2025' que tivo lugar na localidade leonesa de Sabero.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

As augas bravas do río Esla, na localidade de Sabero, na Comunidade de Castela León, foi testemuña esta fin de semana dun grande éxito para o Club de Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos. Dous dos seus deportistas acadaron cadanseu ‘triplete’ ao subir ao pódium en tres ocasións no marco do ‘Campionato de España de Slalom, Kayak Cross e Descenso de Augas Bravas 2025’.

O sábado 2 de agosto tiveron lugar as competicións de Slalom e de Descenso de Patrullas, sendo a primeira modalidade na que destacou o Quixós. Tanto foi así que, ademais dun cuarto posto de Rodrigo Morillo en C-1 infantil B, Sara Inés Varela foi ouro por partida dobre en K-1 e C-1 cadete; mentres que Xoel Fernández acadou un ouro en K-1 e un bronce en C-1 na categoría infantil B.

Este domingo, para rematar o campionato de España, tivo lugar pola mañá a proba de Kayak Cross, unha modalidade moi espectacular de descenso en augas bravas na que compiten dous piragüistas entre si e, tras varias eliminatorias, chégase ás finais A e B nas que se deciden os tres deportistas que suben ao podium. Nesta xornada, o Quixós volveu triunfar tras unha proba na que brillaron novamente Sara Inés e Xoel Fernández. Tras superar todas as eliminatorias con solvencia, os dous chegaron á final e acadaron o ouro.

Ouro de Sara Inés en Kayak Cross. Foto: XMF
Ouro de Xoel Fernández en Kayak Cross. Foto: XMF

A expedición xa viaxa dirección Monforte coa satisfacción de facer un gran papel neste campionato nacional e con 6 medallas no peto grazas ao talento de Sara Inés e Xoel Fernández. Santi Díaz, director deportivo, amosou a súa gran satisfacción polo éxito deportivo do club e agradeceu o esforzo e gran nivel competitivo de todos os deportistas participantes: Martín Prats, Sara Inés, Xoel Fernández, Rodrigo Morillo e Lucas Pavón.

Foto de grupo do Club Quixós tras o Campionato de España de Sabero. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...