HomesociedadeTomé supervisa na Pinguela as obras entre a capela de San Lázaro...

Tomé supervisa na Pinguela as obras entre a capela de San Lázaro e Piñeira

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de visitar as obras de mellora que se executan na estrada de Monforte-Sober, a LU-P-3201, entre a Capela de San Lázaro e Piñeira. O orzamento deste proxecto, asumido íntegramente pola Deputación Provincial, supera os 400.000 euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acompañado pola Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada; técnicos do servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo, e directivos da empresa Ovisa, o rexedor supervisou o estado dos traballos, que se encontran moi avanzados, polo que se prevé que rematen en breve.

José Tomé apuntou que se trata “dunha actuación certamente significativa porque afecta a unha vía de titularidade da Deputación Provincial que forma parte da trama urbana e que é moi transitada, xa que tamén conecta os concellos de Monforte e Sober”. Neste senso, destacou que “grazas á colaboración da Deputación de Lugo, estase levando a cabo a mellora de varios tramos cuxo pavimento presentaba algunhas deficiencias que supoñían unha mingua da comodidade e seguridade dos usuarios desta estrada”.

Os tramos obxecto desta mellora son os comprendidos entre os puntos quilométricos 0+814 e 2+540. Tamén se inclúe neste arranxo un tramo da estrada vella de Monforte a Sober de 267 metros, no núcleo de Piñeira. O punto quilométrico 0,814 atópase á altura do edificio de Agora, xunto á Capela de San Lázaro, e o 2,540 está na parroquia de Piñeira, pasando Talleres Ignacio, antes do seu paso por debaixo da N-120.

Ademais, a intervención contempla a reparación das fochancas existentes desde esta zona ata Sober, realizando así unha labor de conservación. Procederase tamén ao repintado da sinalización horizontal de toda a travesía, dende a Capela de San Lázaro ata a súa chegada a Sober, mellorando así a seguridade vial.

Pola súa banda, o tramo de 267 metros en Piñeira, forma parte do trazado da estrada vella a Sober, e actualmente da servizo a varias casas desta parroquia, sendo titularidade da Deputación de Lugo.

Polo tanto, a actuación esténdese ao longo de 1.726 metros, aos que hai que engadir os 267 metros do tramo vello, polo que en total, alcánzanse practicamente os 2 quilómetros (1.993 m) de actuación.

Esta estrada soporta no seu tramo inicial o tráfico que accede ao complexo polideportivo da Pinguela, ao IES A Pinguela e á Escola-Obradoiro municipal, ademais das vivendas existentes nesta zona da cidade. Á altura do IES A Pinguela, instalaranse bandas sonoras para diminuír a velocidade dos coches.

Tamén se repoñerá toda a sinalización vertical necesaria, xa que na actualidade algunha sinal atópase moi deteriorada.

José Tomé concluíu salientando que “Deste xeito, toda esa zona da cidade, quedará renovada.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...